
O Museo, no seu desexo de se converter nun lugar de promoción e criación cultural, organizou desde o seu início, actividades culturais que tiveron moi boa acollida por parte do público. Ademais de concertos, ciclos de cine, performances, recitais de poesia, conferencias, maratóns de lectura que contaron coa participación de diversos colectivos, colexios, institutos e particulares e que desde o ano 98 se repetiron tódolos anos, hai que destacar outras actividades relacionadas directamente coa temática das exposicións. Asi se fixeron diversas representacións teatrais. A primeira deu a coñecer a obra de Eugenio Granell “A Cámara Negra” que se estreou coa exposición “Granell e o teatro” comisariada por Javier Navarro de Zuvillaga. O grupo Minerva dirixido por Roberto Leal, Tacón Teatro por Socorro Vedo e Tangatutanga por Beatriz Bravo colaboraron na realización deste tipo de representacións nas que existe unha indiscutibel conexión entre texto e temática expositiva e nas que o escenario o constituiu o propio espazo do Museo.
No ano 2000 se celebrou o Congreso Internacional de Surrealismo. Homenaxe a Eugenio Granell no que participaron importantes personalidades relacionadas co mundo da arte (profesores, críticos, artistas…). E no 2006 celebramos o Congreso Interdisciplinar Eugenio Granell no que especialistas en diferentes materias abordaron o estudio das diversas facetas nas que destacou este polifacético artista.
Impartido por Manuela Díaz Abreu Días: 28 marzo; 11, 25 abril; 2, 9, 16, 23, 30 maio; 6, 13, 20 xuño.Horario: 18.00h a 19.00hPrecio: 5€. Primeira clase gratuítaIdade: De 8…
Impartido por Kari Carbone Días: 8 sesións. Xoves 23, 30 marzo. Xoves 13, 20, 27 abril. Xoves 4, 11, 25 maio.Horario: 18.00h a 19.00hCusto: 25 € sesiónIdade: a partir de…
Acto Valle Inclán na Alameda de SantiagoMartes 7 de Marzo, 11.30h O Martes 7 de marzo, ás 11.30 horas a Fundación Eugenio Granell organiza o acto simbólico de colocación dunha…
Conferencia A América vivida por Eugenio GranellPilar Cagiao Vila1 de marzo de 2023, 19.00h A consecuencia do seu exilio, Eugenio Fernández Granell viviu gran parte da súa vida en distintos…
Días: Venres 3, 10, 17, 24. Sábado 4,11, 18, 25. FEBREIRO.(Outras fechas ou horario: Chamar ou envíar e-mail para concertar visita con dous días de antelación) Horario: Venres: 18:00hSábado: 12:00h…
Acción: Conservación preventiva in situ das exposicións dos fondos da Fundación Eugenio GranellVenres, 27 de xaneiro11:00h – 13:00h. Segunda Planta Co motivo do Día Internacional do Conservador Restaurador realizaranse os labores…