Saltar ao contido
Home » Actividades culturais

Actividades culturais

O Museo, no seu desexo de se converter nun lugar de promoción e criación cultural, organizou desde o seu início, actividades culturais que tiveron moi boa acollida por parte do público. Ademais de concertos, ciclos de cine, performances, recitais de poesia, conferencias, maratóns de lectura que contaron coa participación de diversos colectivos, colexios, institutos e particulares e que desde o ano 98 se repetiron tódolos anos, hai que destacar outras actividades relacionadas directamente coa temática das exposicións. Asi se fixeron diversas representacións teatrais. A primeira deu a coñecer a obra de Eugenio Granell “A Cámara Negra” que se estreou coa exposición “Granell e o teatro” comisariada por Javier Navarro de Zuvillaga. O grupo Minerva dirixido por Roberto Leal, Tacón Teatro por Socorro Vedo e Tangatutanga por Beatriz Bravo colaboraron na realización deste tipo de representacións nas que existe unha indiscutibel conexión entre texto e temática expositiva e nas que o escenario o constituiu o propio espazo do Museo.

No ano 2000 se celebrou o Congreso Internacional de Surrealismo. Homenaxe a Eugenio Granell no que participaron importantes personalidades relacionadas co mundo da arte (profesores, críticos, artistas…). E no 2006 celebramos o Congreso Interdisciplinar Eugenio Granell no que especialistas en diferentes materias abordaron o estudio das diversas facetas nas que destacou este polifacético artista.


Imaxe: Día Internacional do Libro

A Fundación Eugenio Granell súmase á celebración do Día Internacional do libro coas actividades: LIBRO por LIBRO: pequena feira de intercambio de libros de arte. Na semana do día do…

Imaxe: Fabrizio Clerici. Barroco, fantasía, tempo

Charla impartida por: Helena Santidrián MasXoves 13 de abril de 2023, 19.00h Fabricio Clerici (1913-1993) foi un pintor milanés que viviu durante a maior parte da súa vida en Roma.…

Imaxe: Encontros americanos

Conferencia Xénero e inmigración en GaliciaLaura Oso Casas29 de marzo de 2023, 19.00h Galicia caracterízase, en comparación co resto do estado, por presentar unha maior feminización das migracións, así como…

Visitas compostela

Días e horarios: Chamar ou envíar e-mail para concertar visita. Saída: Fundación Eugenio Granell Percorrido: Orfas, Praza Mazarelos, Caldereiría, Preguntoiro, Praza da Quintana, Rúa Nova, Rúa do Vilar, Alameda. Duración:…

Imaxe: Insania. Iván Prieto

Día: Sábado, 18 de marzoHora: 12.30 O sábado 18 de marzo, ás 12.30h, terá lugar a actividade: INSANIA A TRES BANDAS.Unha visita acompañada por: Ignacio Castro, filósofo; Lucía Suárez, comisaria…

Imaxe: Taller de teatro para adultos

Impartido por Manuela Díaz Abreu Días: 29 marzo; 12, 19, 26 abril; 3, 10, 24, 31 maio.Horario: 18.00h a 19.00hCusto: 10 €. Primeira clase gratuíta.Idade: Desde 18 anosInscrición: conservadorjefe@fundacion-granell.org /…