
Martes 3 novembro, 19.00h
A Miña Peza Favorita iniciouse no ano 1997 e consiste en seleccionar unha peza, entre todas as que forman parte das coleccións da Fundación Eugenio Granell, para que o invitado elabore un comentario persoal cunha nova visión desde unha perspectiva actual.
Esta actividade está aberta a calquera persoa interesada tanto na Fundación como na arte ou na figura de Eugenio Granell, contando tamén coa participación de persoas relacionadas con diversos ámbitos como a arte, a educación ou a comunicación.
Alberte Bello (A Coruña, 1981) é director de arte, docente, investigador e creador escénico “raro”, cunha mirada singular que transita entre as artes vivas, a instalación e a teoría contemporánea.
É Titulado Superior en Arte Dramática na especialidade de Escenografía pola ESAD de Galicia e actualmente desenvolve o seu Doutoramento en Creación e Investigación en Arte Contemporáneo na Universidade de Vigo. A súa formación completouse con figuras de referencia como Manuel Lourenzo, Ana Esmith, Carlos Marquerie ou Pamela Howard.
No ano 2020 funda ALÓproducións, un proxecto de creación escénica e visual centrado na visibilización de realidades silenciadas e nas marxes sociais. Entre os seus traballos máis destacados figuran pezas como HOME AlémDisso, Non obstante, lifeis a cabaret, Do reino (e) dos amores proscritos ou Menu-do día (recoñecidas con diversos premios do público e galardóns en festivais).
Na actualidade, compaxina a súa práctica artística e a investigación académica cun activismo comprometido coa comunidade LGTBIQ+, abordando estes eixos nas súas novas creacións, como Lessdragqueens and more ChuNorris (en coproduciónco Centro Dramático Galego). Mantén ademais unha activa labor crítica e ensaística en publicacións especializadas como a Revista Galega de Teatro e erregueté.
Nos últimos anos participou activamente en conferencias, encontros e proxectos de investigación sobre cultura, diversidade e artes escénicas. O seu labor teórico e divulgativo inclúe a elaboración de textos, estudos e colaboracións con institucións como o Consello da Cultura Galega, a Deputación da Coruña, a Fundación Paideia e diversas entidades sociais e culturais de todo o país.


