Home » Actividades » MEMORIA RECIENTE LUCHA ANTIFRANQUISTA Y MEMORIA DEMOCRÁTICA

MEMORIA RECIENTE LUCHA ANTIFRANQUISTA Y MEMORIA DEMOCRÁTICA

Martes 27 outubro, 19.00h

A Fundación Andreu Nin e Andavira editora convidan a vostede á presentación do libro “MEMORIA RECIENTE LUCHA ANTIFRANQUISTA Y MEMORIA DEMOCRATICA”.

Participarán:

  • Enrique del Olmo (Presidente de la FAN)
  • Encarna Otero Cepeda
  • Emilio Fernández Zunzunegui (Magis)
  • Tensi Alvarez Folgar
  • Xesus Veiga Buxán
  • Jacobo Bermejo (Andavira Editora)

A obra recolle unha serie de entrevistas a persoas que participaron no que se deu en chamar “a esquerda do 68”.

Unha xeración que entendeu desde moi cedo que a política e os partidos políticos eran as dúas caras da mesma moeda.

Proba diso reside no feito de que case todas as persoas entrevistadas identifican o seu tempo de activismo cos esforzos por construír organizacións políticas, en condicións extremadamente duras de prisión, morte, tortura, persecución, e vivir na clandestinidade.

Unha xeración que, a pesar da súa intensa loita, foi ignorada nos relatos oficiais da transición. E con este proxecto queremos renderlle o noso recoñecemento a súa contribución a lograr un mundo mellor.

Lugar: Fundación Eugenio Granell, Praza do Toural, Santiago de Compostela.