
Mércores 2 decembro
Continuando co seu obxectivo de promoción e apoio á literatura, un ano máis, a Fundación Eugenio Granell organiza o Maratón de lectura, que terá lugar o mércores 2 de decembro coincidindo coa semana do aniversario de Eugenio Granell (28 novembro) e Amparo Segarra (9 decembro).
Este ano 2026 dedicaremos o Maratón ao libro de Eugenio Granell “Escritos sobre Federico García Lorca” que centra o estudio na obra de Federico, Asi que pasen cinco años. Leyenda del tiempo. Para Eugenio Granell “La obra de Federico García Lorca, de la que la Leyenda es su expresión suprema, trasciende los límites hasta él avanzados por la aventura poética. Cada invención suya traza el plano de un nuevo camino inacabable”. (Eugenio Granell, Escritos sobre Federico García Lorca. Fundación Eugenio Granell).
Sumámonos así ás homenaxes que, ao longo deste ano, rendéronse ao célebre escritor tan admirado por Eugenio Granell, e ampliamos a lectura tamén ás obras de Federico, de tal xeito, que os lectores poderán traer preparados os seus textos preferidos.
Como todos os anos poderedes achegarvos ao Museo de 11.00h a 13.30h e de 17.00h a 20.00h, a escoitar ou a participar lendo algún fragmento da obra dos escritores seleccionados. As lecturas non deben exceder os cinco minutos.
Para facer máis doada a organización da actividade, todos aqueles que desexen participar poden chamar aos teléfonos 981 572124 ou 981 576394 ou escribir ao correo electrónico: secretaria@fundacion-granell.org indicando a hora á que lles gustaría intervir.
Queremos aproveitar esta ocasión para agradecer a participación daqueles que, ano tras ano, nos veñen acompañando no desenvolvemento desta actividade e animar a todas/os a unirse a esta especial celebración.


