Home » Actividades » Fábrica 9 – Roni Herrán

Fábrica 9 – Roni Herrán

Imagen: Fábrica 9

Xoves 24, 18:00 h

O xoves 24, ás 18h, a artista Roni Herrán presenta unha aproximación ao seu traballo recente obxecto de investigación durante a súa estancia.
A súa práctica artística articúlase principalmente desde a escultura e a transformación da materia, cunha especial vinculación a técnicas e procesos procedentes dos oficios.
Nos últimos anos, a súa investigación centrouse en cuestións relacionadas coa orixe, a identidade e a memoria, liñas que desenvolve en proxectos como Como ser…, onde reflexiona sobre a construción da identidade e sobre como a presión social, intensificada polas redes sociais, condiciona a forma en que nos vemos e configuramos a nosa identidade.
 
ACTIVIDADES/ MUSEO COMO PUNTO DE ENCONTRO
FÁBRICA – EXPERIMENTACIÓN

O museo como espazo de experimentación, a través de proxectos relacionados e contextuais, xerando  contidos a través de  proxectos que fagan do museo un espazo de creación e un punto de conexión dende diferentes axentes e propostas  para acoller unha ampla diversidade de públicos.