Home » Actividades » ENCONTROS AMERICANOS NA GRANELL

ENCONTROS AMERICANOS NA GRANELL

Imaxe: Encontros americanos

Conferencia: A participación española na escravitude colonial
Impartida por: Martín Rodrigo e Alharilla
Mércores 23 de setembro, 19.00h

Resumen: A conquista e colonización do continente americanos polos europeos comportou o desenvolvemento, durante catro séculos, do tráfico directo de persoas escravizadas, entre África e América, así como, a creación de sociedades escravistas nas Américas. Nesa dinámica, España participou de forma destacada tanto na trata negreira como na escravitude colonial, nos seus diversos dominios americanos e, especialmente, na Cuba do século XIX. A memoria que queda no noso país, non obstante, daquela realidade é moi difusa, cando non directamente ausente. A partir das relacións entre a historia e a memoria (da trata e a escravitude), analizaremos cal foi o papel de España naquel pasado escravista e como se lembra (ou se esquece) ese papel na actualidade. Empregaremos unha mirada comparativa, especialmente con outros países europeos igualmente implicados nesa dolorosa realidade.

 
MARTÍN RODRIGO Y ALHARILLA
Doutor en Economía pola Universitat Autónoma de Barcelona, é Profesor Titular de Historia Contemporánea no Departamento de Humanidades da Universitat Pompeu Fabra (UPF). É coordinador do Master en Historia do Mundo e do GRIMSE (Grupo de Investigación en Imperios, Metrópoles e Sociedades Extraeuropeas), e director da colección Esclavitudes, da editorial Icaria. Entre os últimos libros destacan: Los Goytisolo. Una próspera familia de indianos (Marcial Pons, 2016) e Un hombre, mil negocios. La controvertida historia de Antonio López, marqués de Comillas (Ariel, 2021); e como co-autor e coeditor: Negreros y esclavos. Barcelona y la esclavitud atlántica, siglos XVI-XIX (Icaria, 2017), Del olvido a la memoria. La esclavitud en la España contemporánea (Icaria, 2022). O seu derradeiro libro (escrito con Lisa Surwillo) leva por título La Bisabuelita. Género, esclavitud y finanzas entre La Habana y Barcelona.

FOLLETO