Home » Actividades » Fábrica 8. Pablo Biyurami: Fabulosen Meer

Fábrica 8. Pablo Biyurami: Fabulosen Meer

Cartel pablo fabrica 8

Mércores, 29 de xullo de 2026, ás 19:00 h

O mércores 29 de xullo, ás 19:00 h, o artista Pablo Biyurami presenta a peza Fabulosen Meer, resultado da residencia Fábrica 8 realizada na Fundación Eugenio Granell.

Pablo Biyurami (Santiago de Compostela, 2001) é bailarín e actor. Formouse en Espazo Aberto e na Folkwang Universität, en Alemaña. Foi alí onde presentou a súa primeira curta de danza, Juno, con Frederico Mendes Teixeira como bailarín. Presentou a súa segunda curta de danza, SUTURRU, na Fundación Eugenio Granell.

Bailou en Tecer o corpo, do colectivo RPM, coa coreógrafa Tania Carvalho, e en Ofrenda para el Monstruo, de Tamara Cubas, nos Teatros del Canal, en Madrid, no marco do 43 Festival de Otoño. O seu proxecto artístico sitúase na intersección entre música, danza, teatro e artes plásticas.