Home » Exposicións » Exposicións actuais » ALEJANDRA POMBO SU. O QUE ME MIRA RODEÁNDOME

ALEJANDRA POMBO SU. O QUE ME MIRA RODEÁNDOME

16 xullo – 26 setembro, 2026
Salas 4 e 5. Primeira planta
Comisariado: Melanie Roumiguiere

Esta mostra individual como manifesta Melanie Roumiguire reúne por primeira vez “debuxos, esculturas, cine e performance nunha mesma constelación. A exposición non segue unha cronoloxía nin se organiza segundo os límites de cada medio. Máis ben fai visible como a práctica artística de Alejandra Pombo Su desenvolveuse, ao longo dos anos, como un organismo continuo. Xestos, corpos e motivos migran dunha obra a outra, cambian de forma e reaparecen noutro lugar. As obras recórdanse entre si. Seguen medrando”.
Alejandra Pombo é licenciada en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid e doutora en Belas Artes cunha tese centrada nos paradoxos derivados da incorporación da performance á arte contemporánea.
A súa práctica artística desenvólvese entre diferentes linguaxes e contextos, abarcando a performance, as artes plásticas e o ámbito audiovisual. Ao longo da súa traxectoria recibiu distintos premios e recoñecementos, e a súa obra foi presentada en espazos de referencia como a Fundación María José Jove, La Casa Encendida, Museo Reina Sofía, Fabra i Coats ou Galeria Municipal de Porto entre outras convocatorias, festivais e centros de arte.

O seu traballo nace da fascinación por aqueles fenómenos da vida que escapan a unha comprensión racional e aliméntase de experiencias persoais que funcionan como punto de partida para a investigación artística. O seu principal interese reside en afondar no descoñecido, explorando a incerteza como territorio de coñecemento e creación. Desde 2021 forma parte do colectivo NEG, unha colaboración que, segundo as súas propias palabras, constitúe unha das influencias máis significativas na súa práctica actual.

FOLLETO