Home » Actividades » A MIÑA PEZA FAVORITA

A MIÑA PEZA FAVORITA

Imaxe: A miña peza favorita


Martes 2 xuño, 19.00h

A Miña Peza Favorita iniciouse no ano 1997 e consiste en seleccionar unha peza, entre todas as que forman parte das coleccións da Fundación Eugenio Granell, para que o invitado elabore un comentario persoal cunha nova visión desde unha perspectiva actual.
Esta actividade está aberta a calquera persoa interesada tanto na Fundación como na arte ou na figura de Eugenio Granell, contando tamén coa participación de persoas relacionadas con diversos ámbitos como a arte, a educación ou a comunicación.

María von Touceda (Santiago de Compostela, 1979) é escritora e licenciada en Historia da Arte. Traballa como crítica de Arte escribindo textos para artista s e galerías, tamén realiza tarefas de comisariado e colabora con medios como Smoda, El Salto e a revista Cáñamo.
Entre as súas publicacións destacan Critica del vicio (2018), Morfología del encuentro (2019) ou Cinco lorzas metafísicas (2024).