
Xoves 7 de maio
19.00h
O xoves 7 de maio, ás 19:00 horas, celebrarase na Fundación Eugenio Granell, en Santiago de Compostela, a presentación de “Volveredes brindar por min. Unha biografía de Begoña Caamaño”, de Ana Romaní e María Xesús Nogueira.
No acto participarán as autoras Ana Romaní e María Xesús Nogueira; a alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín Rei; e Xesús Domínguez Dono, director de Produción de Editorial Galaxia.


