
A visita ofrece un percorrido polas rúas de Compostela a través da mirada do libro de Eugenio Granell, Memorias de Compostela, visitando os lugares emblemáticos que formaron parte dos anos de mocidade que o artista viviu en Compostela.
Impartida por: Cristina Carballedo, guía de turismo de Galicia.
Día: Xoves 30 abril
Hora: 18.30 horas
Saída: Fundación Eugenio Granell
Percorrido: Orfas, Praza Mazarelos, Caldereiría, Preguntoiro, Praza da Quintana, Rúa Nova, Rúa do Vilar, Alameda.
Duración: 1h,30min.
Prezo: 10€ (inclúe unha visita ao Museo).
Reserva:
Teléfono: 981572121
e-mail: secretaria@fundacion-granell.org


