
Conferencia: Cuba, entre el castrismo e o trumpismo
Impartida por: Abraham Jiménez Enoa
Mércores 29 de abril, 19.00h
Resumen: O que naceu como o proxecto social mais ambicioso de América Latina terminou convertido nunha estrutura de supervivencia para uns poucos. A Revolución Cubana, que unha vez exportou soños de soberanía, converteuse nunha ditadura sostida polo osíxeno de aliados externos –primeiro a URSS, logo Venezuela-. Hoxe, sen mecenas que financien o inmobilismo e cun sistema económico en ruínas, a illa enfróntase a súa hora mais escura. Analizaremos a anatomía dun país ao límite. Detallaremos como o réxime, incapaz de reformarse e pechado ás liberdades civís, mantén a súa poboación como refén dun modelo esgotado. A este escenario de Estado fracasado súmase o factor Trump: unha estratexia de asfixia económica que, lonxe de derrocar á cúpula, termina por quebrar ao cubano de a pé, quen padece os apagamentos, a fame e a falta de medicinas.
Abraham Jiménez Enoa (A Habana, 1988) é periodista e escritor. É autor dos libros “La isla oculta” e “Aterrizar en el mundo”, e codirector do documental “Isla Familia”. Foi columnista en The Washington Post e publicou reportaxes e artigos de opinión en medios como The New York Times, BBC, El País e Al Jazeera. O seu traballo periodístico valeulle recoñecementos como o premio Libertad de Prensa Internacional do Comité para a Protección de Periodistas (CPJ), o Sigma Delta Chi Awards de The Society of Professional Journalists, o Premio á Excelencia Periodística da Sociedad Interamericana de Prensa (SIP), o One Young World Journalist of the Year Award, o Lyra Mckee Award for Bravery, o Magnitsky Human Rights e a beca Michael Jacobs da Fundación Gabo. Foi cofundador de El Estornudo, revista independente cubana.


