
Conferencia: Arxentina a 50 anos do Golpe Militar
Impartida por: Nicolás Sillitti
Mércores 25 de marzo, 19.00h
Resume: O golpe militar de 1976 significou unha rotura na historia da Arxentina e América Latina. A 50 anos daquel golpe reflexionaremos sobre o terror estatal e os seus legados, a busca de xustiza por parte dos movementos de dereitos humanos e as diferentes miradas no conflito sobre o pasado ditatorial. Debatiremos sobre a construción dun consenso democrático nas últimas décadas e os difíciles desafíos que ese consenso atravesa no presente.
Nicolás Sillitti é doutor en Historia por Indiana University. Os seus temas de investigación xiran arredor do nacionalismo, a cultura popular, o militarismo e o pacifismo nos séculos XI e XX. Ensinou en distintas universidades de Arxentina, Estados Unido e Europa. Actualmente dita clases sobre Historia de América na Universidade de Barcelona. Ademais, é un dos produtores e guionistas do podcast Historiar.


