Home » Actividades » TALLER DE MONTAXE DE OBRA

TALLER DE MONTAXE DE OBRA

Imaxe: taller de montaxe de obra

Impartido por Manuela Díaz Abreu

  • Meses: marzo, abril, maio, xuño.
  • Día: martes
  • Horario: 17.00h a 18.30h

O taller de montaxe teatral está dirixido a persoas que desexen representar unha obra de teatro, sen importar se teñen experiencia ou non. Traballaremos sobre a posta en escena dunha comedia de teatro, ensaiaremos as escenas por separado e a creación dos seus personaxes. Para completar a experiencia representaremos a obra ante o público ao finalizar os encontros.

Manuela Díaz naceu en Bos Aires, é directora, profesora e actriz de teatro. Desde fai máis de 18 anos organiza os seus propios Talleres de Teatro para adultos e adolescentes entre Bos Aires, Galicia e Madrid. Desde o 2021 comeza a impartir os seus talleres de teatro lido e montaxe de obra teatral na Fundación Eugenio Granell, taller de improvisación na Escola Garaxeland e o taller “O corpo expresivo” na escola de teatro Pábulo. No 2024 estrea, como directora, a obra “Venecia” no Centro Sociocultural de Santa Marta.