Home » Actividades » ENCONTROS AMERICANOS NA GRANELL

ENCONTROS AMERICANOS NA GRANELL

Conferencia: Do entroido « bárbaro » aos « divertimientos civilizados » en Uruguai
Impartida por: Dorothée Chouitem
Xoves 26 de febreiro, 19.00h

Sinopse: Como manifestación social, o Entroido adáptase ás convulsións do tempo e só existe exercendo a súa crítica sobre o curso do mundo e sobre os poderosos do momento. Durante ese período, os individuos expóñense antes de retirarse ao seu universo íntimo, manifestan comportamentos inusitados caracterizados por un desencadeamento de feitos e palabras, unha verdadeira dislocación da orde social marcada por unha ruptura coas costumes e a moral establecida. Marcado pola alegría, o Entroido permite todas as liberdades porque, tradicionalmente, incitaba á xente a cometer maiores atrevementos, incluso en tempos de guerra ou de crise política, e revelaba os demos da personalidade oculta, como os da colectividade reprimida nos seus actos, como un xardín das delicias. Pero, que caracterizaba sobre todo a época da sensibilidade “bárbara” en Uruguai? Como evolucionou este Entroido ata converterse nun espectáculo que a poboación ofrécese a si mesma?.

Dorothée Chouitem é profesora titular de Historia e Estudos culturais de América Latina na Universidade da Sorbona. É membro do CRIMIC e investigadora asociada do Centro de Estudos interdisciplinarios Uruguaios da UDELAR (Universidade da República-Montevideo). O seu campo de investigación céntrase na historia sociopolítica e cultural do Río da Prata (Séculos XX – XXI) e, máis concretamente, nos conceptos de memoria e construción da identidade dunha nación.

FOLLETO