Home » Actividades » ENCONTROS AMERICANOS NA GRANELL

ENCONTROS AMERICANOS NA GRANELL

Imaxe: encontros americanos

Conferencia: Venezuela na encrucillada
Ponente: Angelo Rivero Santos, Centro de Estudios Latinoamericanos Georgetown University (EEUU)
Esta conferencia terá lugar na Facultade de Xeografía e Historia
Miércoles 4 de febrero, 19.00h

Resumo: a extracción do presidente Nicolás Maduro por medio dunha intervención militar o 3 de xaneiro pasado coloca a Venezuela, a súa relación con Estados Unidos, e a América Latina e o Caribe, nunha encrucillada. Como chegaron ambos países a esta situación? Como pode afectar esta intervención ao futuro político de Venezuela e o dos seus países veciños? Cales poderían ser os vindeiros pasos de Estados Unidos en Venezuela e na rexión? Esta charla busca expor algunhas reflexións analíticas desde o campo das Relacións Internacionais sobre unha situación en desenvolvemento cun desenlace que é incerto.

Angelo Rivero Santos é profesor para a Ensinanza na Facultade de Servicio Exterior da Universidade Georgetown en Estados Unidos onde exerce como Director Académico no Centro de Estudios Latinoamericanos desa facultade. As súas áreas de ensinanza e investigación a nivel de posgrado céntranse en relacións internacionais, con énfase no hemisferio occidental, e na política e o desenvolvemento en América Latina e o Caribe. Entre xaneiro de 2007 e marzo de 2013 tomou un receso da súa actividade académica en Georgetown para prestar servicio como diplomático ante a Casa Blanca representando a Venezuela como Ministro Conselleiro e Segundo de Misión, sendo designado como Chargé d’Affaires pola metade do seu tempo en servicio.