Home » Actividades » DÍA INTERNACIONAL DO RESTAURADOR DE OBRAS DE ARTE

DÍA INTERNACIONAL DO RESTAURADOR DE OBRAS DE ARTE

Tres, dous, un, acción. Conservación in situ
Martes, 27 de xaneiro.
11:00 – 12:00
12:30 – 13:30

Entrada libre.
Inscrición en: restauración@fundacion-granell.org

Co motivo do Día Internacional do Restaurador de obras de arte, a sección de Conservación-Restauración realizará as labores de preventiva das exposicións en curso dos fondos da Fundación, acompañados do público interesado, xerando unha oportunidade no visitante de observar parte das tarefas que se levan a cabo cando o museo está pechado. O persoal técnico do museo resolverá as súas curiosidades, dúbidas etc. sobre o seu traballo e as obras expostas.