Home » Actividades » FÁBRICA Nº6

FÁBRICA Nº6

Foto: Fábrica nº6

Gloria Rico e Tyler McKechnie
Martes 20 de xaneiro, 12.00h

Actividade que presenta o museo como espazo de experimentación, a través de proxectos relacionados e contextuais, xerando  contidos a través de  proxectos que fagan do museo un espazo de creación e un punto de conexión dende diferentes axentes e propostas  para acoller unha ampla diversidade de públicos.

O vindeiro martes 20 de xaneiro, teremos un ensaio aberto de teatro inmersivo como parte da Fábrica Nº 6 con Tyler McKechnie de @oistes_teatro e Gloria Rico de @teatroenpunto.
Pola mañá a partir das 12h, poderedes vir ver en tempo real o seu proceso creativo, que habita varias salas da Fundación Eugenio Granell.
Nesta investigación, o equipo creativo busca a innovación, mesturando distintas disciplinas e linguaxes nun espazo escénico non-convencional, limiar e surrealista, que mesmo serve como ferramenta detonadora. Exploran as relacións entre o glocal (como as historias e o pensamento populares locais poden influír e ser influídos pola comunidade global), a experiencia queer e a xestión das emocións viscerais.