
Presentación O CORPO DE MEDUSA. REFLEXIÓNS SOBRE HISTORIA CONTEMPORÁNEA. DEMOCRACIA E CORPO. LECTURA PÚBLICA.
Por GABRIEL MULEIRO
Xoves 13 de novembro, 19.00h
O ESCRITOR PRESENTOUSE NA CIDADE DE BERLÍN, MADRID, CIDADE DE MÉXICO E AGORA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA.
“O concepto de democracia está esgotado e é o corpo o primeiro territorio onde exércense e séntanse as liberdades, os límites e as violencias do sistema. Nun sistema equitativo, todos os corpos deberían ter igual valor, dignidade e acceso aos dereitos fundamentais: saúde, educación, traballo e liberdade de expresión. Non obstante, o sistema tende a someter aos corpos, especialmente aos máis vulnerables. Aínda que o concepto de democracia promove a igualdade, implicitamente esa idea de sistema basease en impoñer xerarquías que o contradín”. Gabriel Muleiro.
O escritor e investigador da Universidade de Santiago de Compostela fará unha lectura dos seus textos e reflexionará sobre temas fundamentais no noso tempo. Os textos que se lerán foron escritos a maneira de reflexións do noso mundo contemporáneo, onde a arte permítenos interrogar, desafiar e perturbar non só á sociedade, senón a un mesmo e as nosas conviccións, tratando de reflexionar de maneira sinxela sobre o noso presente, e quizais, como dicía Sartre, comprender que houbo tempos máis fermosos, pero este é o noso.
Gabriel Muleiro, Facultade de Historia da Universidade de Santiago de Compostela, as súas investigacións xiran sobre o traballo de Derrida, Guattari e Rancière. Mestre en Filosofía pola Universidade La Salle e Mestre en Desenvolvemento Económico pola Universidade de Santiago de Compostela. Promotor de debates públicos en materia de xenofobia, democracia e migración. Durante toda a súa carreira escribiu artigos de opinión e relatos, en medios mexicanos e españois. Director da asociación civil Mentes Itinerantes, foi candidato ao premio Princesa de Girona na categoría Artes e Letras, só por mencionar algúns dos recoñecementos a súa carreira. O seu libro, Centauros, pódese consultar en acervos da Universidade de Harvard e o Instituto Ibero-Americano en Berlín.


