Home » Actividades » ENCONTROS AMERICANOS NA GRANELL

ENCONTROS AMERICANOS NA GRANELL

Imaxe: Encontros americanos na granell

Conferencia: Rutas emerxentes: a inmigración recente en Uruguai (2009-2023)
Impartida por: Silvia Facal Santiago
Xoves 27 de novembro, 19.00h

Uruguai é un país marcado por movementos migratorios de ida e volta que, nun mundo cada vez máis globalizado, responden tanto a desaxustes económicos provocados polo sistema capitalista como a situacións de persecución por diversas razóns. A inmigración, pasada e presente, é parte desa realidade. A chegada de inmigrantes a Uruguai desde 2009 ata hoxe proveñen principalmente de rexións de orixe non tradicionais, como República Dominicana, Venezuela e Cuba. Tamén crece o fluxo de arxentinos e de migrantes doutros países de América Latina; en menor medida chegan da América Anglosaxona, Europa, Asia e África. Nese encontro exploraremos as características dos principais continxentes migratorios que chegaron ao país desde 2009 ata a actualidade, moitos dos que foxen non só de problemas económicos, senón tamén de persecucións de tintura política.

Silvia Facal Santiago
Doutora en Historia Contemporánea e de América (USC), Máster en Inmigración (Universidade Pontificia Comillas, Madrid), Licenciada en Ciencias Históricas (Universidade da República, Uruguai). Profesora e investigadora na  Universidade Católica do Uruguai. Directora da Cátedra Magallanes: viaxes e viaxeiros e da Cátedra de Xudaísmo Nisso Acher. Dirixe a liña de investigación dos “movementos migratorios de ida e volta en Uruguai”. Consultora internacional de temáticas vinculadas cos movementos migratorios. Conta con publicacións sobre temas vinculados cos movementos migratorios polas cales obtivo diversos premios.

FOLLETO