Home » Actividades » ENCONTROS AMERICANOS NA GRANELL

ENCONTROS AMERICANOS NA GRANELL

Imaxe: Encontros americanos

Conferencia: Nomear as ausencias no México presente
Impartida por: Rodolfo Gamiño Muñoz
Mércores 29 de outubro, 19.00h

Este Encontro busca colocar no centro do debate o fenómeno da ausencia. En México persiste a ausencia de persoas e tamén de narrativa, polo que asistimos ao aparente triunfo do indicible. Faltan ferramentas para explicar que é e como debemos nomear a ausencia, o ausente. Exporase como familiares cun ser querido desaparecido a nomearon, cales foron as metáforas empregadas para dar sentido a ese sensentido, para explicarse e explicarnos a experiencia ante a ausencia. Analizarase como esas metáforas articularon para os familiares de desaparecidos un sentido, unha identidade, detonado mobilizacións e accións de resistencia, tanto nos espacios privados como nos espacios públicos. E se reflexionará sobre os riscos de uso e a excesiva lexicalización desas metáforas tanto a corto, mediano e largo prazo en termos de esclarecemento, verdades, xustiza e reparacións.

Rodolfo Gamiño Muñoz
Doutor en Antropoloxía polo Centro de Investigacións e Estudios Superiores en Antropoloxía Social, Cidade de México (CIESAS-CDMX), é Académico-investigador do Departamento de Historia da Universidade Iberoamericana, Cidade de México, e columnista en diversos medios de comunicación. As súas investigacións dedícanse a: Historia do Tempo Presente, Guerrilla e violencia política, Políticas da memoria e esquecemento, Desaparición forzada e Metáforas de ausencia. Ten publicado diversos libros sobre a violencia, a desaparición e as memorias arredor do tema que nos ocupa neste Encontro.

FOLLETO