Home » Actividades » CHARLA SOBRE O ARTISTA FRANCISCO MIGUEL

CHARLA SOBRE O ARTISTA FRANCISCO MIGUEL

Imagen: Charla Francisco Miguel

IMPARTIDA POR: O INVESTIGADOR MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO

Como parte das charlas divulgativas “A vangarda arrebatada” sobre a vida e a obra de Francisco Miguel, e Syra Alonso, organizadas pola Deputación da Coruña e a Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica (ARMH), preséntase esta xornada en Santiago na Fundación Eugenio Granell.

            DÍA: Mércores 17 de setembro, 19:00h
            POÑENTE: Miguel Anxo Fernán Vello, escritor e editor
            TÍTULO: Francisco Miguel, vida, arte e crime
            LUGAR: Fundación Eugenio Granell
            PRESENTA: David Lozano, ARMH

 O pintor FRANCISCO MIGUEL  (A Coruña, 1897- Bértoa, Carballo, 1936) foi unha figura central na arte galega das primeiras décadas do século XX.
O traballo artístico de Francisco Miguel desenvólvese entre finais dos anos 1910 e 1936, ano do seu asasinato. Ligado ao núcleo coruñés que dará orixe á revista Alfar, a evolución da súa plástica vai levalo desde uns inicios vangardistas até o mundo da figuración tan característica da arte europea de entreguerras.
Nas súas viaxes por Europa e América tivo relación cos mais importantes artistas do momento. Detido tras o golpe de xullo de 1936, foi asasinado polos sublevados fascistas.
Non so enterraron o seu corpo senón tamén a súa arte.
Exhumado o seu corpo no ano 2023 pola Asociación para A Recuperación da Memoria Histórica, celebrarase a homenaxe e acto de entrega do corpo, e enterro no cemiterio de San Amaro, o luns día 29 de setembro nun acto cívico e aberto á cidadanía.
Esta charla vai servir para  difundir e recuperar esta vangarda arrebatada.

POÑENTE: MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO

Poeta, dramaturgo, pintor e editor, fundador e director de Edicións Espiral Maior. Realizou estudos de Psicoloxía, Filoloxía e Música (Guitarra Clásica). Premio Nacional da Crítica Española en dúas ocasións (1985 e 2005), foi finalista do Premio Nacional de Literatura co libro de poemas “Seivas de amor e tránsito” no ano 1985. Traducido a máis de dez  idiomas e con máis de 15 libros de poemas publicados, está presente na antoloxía universal de poesía “De totselsvents”, publicada en Barcelona no ano 2004 por Miquel Desclot. Foi deputado no Congreso do Estado español en dúas Lexislaturas.

Resumo da charla: Francisco Miguel, vida, arte e crime.

 Un percorrido pola intensidade da vida, a creación artística de vangarda, a tensión sentimental e a estética entre o local e o universal dun artista plástico que foi perseguido e asasinado polo fascismo franquista.

FOLLETO