
Mércores 11 xuño, 19.00h
A Miña Peza Favorita iniciouse no ano 1997 e consiste en seleccionar unha peza, entre todas as que forman parte das coleccións da Fundación Eugenio Granell, para que o invitado elabore un comentario persoal cunha nova visión desde unha perspectiva actual.
Esta actividade está aberta a calquera persoa interesada tanto na Fundación como na arte ou na figura de Eugenio Granell, contando tamén coa participación de persoas relacionadas con diversos ámbitos como a arte, a educación ou a comunicación.
Susi Gesto
Artesá ourive e terceira xeración deste oficio que vivíu desde nena no obradoiro familiar. A súa creación fundaméntase na artesanía feita a man, innovando cos materias e as formas mais mantendo os feitíos tradicionais da ourivaría compostelá.
O seu proxecto artístico articúlase arredor da colección “Coubriverías”, que introduce o cobre na popular filigrana compostelá mesturándoo coa prata, así como, a colección “Raizames”, ámbalas dúas reflexionando sobre a identidade e o territorio. O acibeche está moi presente e é un símbolo esencial da historia da cidade.
Susi constrúe a xoia dun xeito individual, destacando o valor da historia da peza e da persoa á que vai destinada.
O seu compromiso coa divulgación e a formación no oficio ademais dun crecente interés pola moda e o diálogo entre estas, levouna a realizar obradoiros e desfiles en mostras, museos e centros culturais de diferentes pobos, aldeas e cidades, como exemplo en Sabadelle, onde se desenvolveu a xoia da Virxe do Faro ou como o Santander Slow Fashion. Participando en desfiles e proxectos que cruzan ambas disciplinas entre outros.
A súa visión da ourivaria levouna a estar presente en espazos de prestixio como a Cidade da Cultura de Galicia, o Museo do Traxe de Madrid, a Bienal de Oporto ou a Feira Tricontinental de Artesanía en Tenerife ou Fitur onde representou a Galicia como artesá convidada.
Foi recoñecida co Premio á traxectoria no Concello de Oroso (2013), co galardón “A Galicia que brilla” outorgado por Ardentia, e co Premio ao “Comercio Innovación” polo Concello de Santiago. En 2025, foi a deseñadora do Premio “Mulleres de Compostela”.