Home » Actividades » A MIÑA PEZA FAVORITA

A MIÑA PEZA FAVORITA


Martes 10 xuño, 19.00h

A Miña Peza Favorita iniciouse no ano 1997 e consiste en seleccionar unha peza, entre todas as que forman parte das coleccións da Fundación Eugenio Granell, para que o invitado elabore un comentario persoal cunha nova visión desde unha perspectiva actual.
Esta actividade está aberta a calquera persoa interesada tanto na Fundación como na arte ou na figura de Eugenio Granell, contando tamén coa participación de persoas relacionadas con diversos ámbitos como a arte, a educación ou a comunicación.

Susana González
É comisaria e investigadora. Licenciada en Belas Artes pola Universidade do País Vasco. Diplomada en Estudios Avanzados pola Universidade de Santiago de Compostela. É fundadora e directora de Consultarte, consultora de xestión cultural. Foi Co-directora do programa de residencias artísticas Charco desde 2017 a 2022, proxecto de investigación e residencias artísticas entre Latinoamércia e Europa. En 2019 intégrase na Fundación María José Jove, dirixindo o Centro de arte FMJJ e a Colección de Arte da mesma institución.