Home » Actividades » A MIÑA PEZA FAVORITA

A MIÑA PEZA FAVORITA

Imaxe: A miña peza favorita


Martes 3 xuño, 19.00h

A Miña Peza Favorita iniciouse no ano 1997 e consiste en seleccionar unha peza, entre todas as que forman parte das coleccións da Fundación Eugenio Granell, para que o invitado elabore un comentario persoal cunha nova visión desde unha perspectiva actual.
Esta actividade está aberta a calquera persoa interesada tanto na Fundación como na arte ou na figura de Eugenio Granell, contando tamén coa participación de persoas relacionadas con diversos ámbitos como a arte, a educación ou a comunicación.

Sara Donoso é comisaria, educadora e xestora cultural. Graduada en Belas Artes (UVigo) e doutora en Historia da Arte (USC), colabora con institucións como a Facultade de Belas Artes de Pontevedra e o CGAC, e forma parte do equipo de programación de INTERSECCIÓN. Festival Internacional de Cine da Coruña. A súa carreira céntrase en dinamizar a cultura e as artes mediante textos, mediación e exposicións, con especial interese nos proxectos de colaboración ligados ao territorio. No 2020 foi recoñecida co Premio Talento Mozo na modalidade de Cultura e Creación.