Home » Exposicións » CARLOS MASIDE

CARLOS MASIDE

Imagen: Carlos Maside


Sala Philip West. Primeiro andar.

O “Legado Maside” é adquirido polo Consorcio de Santiago de Compostela cunha axuda da Deputación da Coruña, sendo o Concello de Santiago o receptor co compromiso da conservación e exhibición desta notable colección que pasa a formar parte do patrimonio cultural de Santiago de Compostela e de todas e todos os galegos.
A obra de Carlos Maside (Pontecesures, 1897 – Santiago de Compostela, 1958) forma parte da vangarda histórica galega como peza fundamental da renovación estética vencellada ao país de comezos do século XX. O legado mostra un conxunto de 21 pinturas que acreditan por unha banda o compromiso e a exploración artística e por outra o punto de vista singular dun pintor comprometido coa realidade social galega.
De vida itinerante, forma parte da Compostela intelectual do seu tempo.
“Lembrámolo polas rúas da súa cidade, pois, ¿que importa que nacera en Cesures?, a súa cidade era Compostela, como o é no fondo das súas almas, de tódolos intelectuais galegos.” (Luis Seoane).

Mercedes Rozas

Carlos Maside é unha das persoas que Granell recorda e admira no seu libro Memorias de Compostela. “Visión orlada por estrellas, islas, árboles y antorchas”. Conta Granell nestas Memorias que o seu irmán Mario, discípulo de Camilo Díaz Valiño, foi animado por “Carlos Maside, que era o pintor máis colorista na súa arte entre os que había en Santiago”, a realizar unha exposición na Rúa do Vilar en 1928. A exposición deste gran artista, non surrealista, encádrase dentro das actividades que a Fundación Eugenio Granell leva anos realizando, como os maratóns de lectura de escritores daquela época, inicios do século XX, aos que Granell coñecía e admiraba, como, Antón Avilés de Taramancos, Manuel Lugrís, Valle Inclán, Manuel Antonio, Antón Fraguas e, este ano 2020, Carballo Calero. Para Granell esa época da República que lle tocou vivir foi como un Século de Ouro en Galicia.

Natalia Fernández Segarra

FOLLETO