
Conferencia: Arte e Exilio. O País Vasco e América Latina
Impartida por: Marina García López
Mércores 28 de maio, 19.00h
A integración do vasco á vida e cultura de América Latina foi unha constante ao longo da historia que consolidou lazos e nexos culturais entre ámbolos dous territorios. A necesidade de agruparse, de intercambiar, de interactuar nun mesmo idioma, de conservar e compartir tradicións e costumes, de combater a soidade, foron os ingredientes básicos para que moitos artistas vascos exiliados puideran sentirse apoiados e crear. Arte e Exilio, son dúas palabras que reflicten a amizade e a necesidade de dous amigos que, fóra da casa, tiveron que abrirse camiño da mellor maneira posible, adecuándose aos tempos e procurando, conxuntamente, manter a identidade sen esquecer as raíces.
MARINA GARCÍA LÓPEZ é Doutora en Historia, Xeografía e Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballou para diversos museos en Estados Unidos, Arxentina e Uruguai. Desenvolveu proxectos, instalacións audiovisuais e pezas experimentais para a Bienal de Venecia ou a exposición Luz na Terra da Cidade da Cultura de Santiago. Lidera a produtora Sintagma con proxectos cinematográficos como Frágil Equilibrio, Goya á Mellor Película Documental 2017; Aunque es de noche, nomeado á Palma de Oro na Sección Oficial de Cannes e gañador do Goya á mellor Curtametraxe de Ficción 2023; e Ciudad Sin Sueño, estreo internacional na Semana da Crítica de Cannes 2025.