
Xornada de portas abertas:
Mércores 14 ao venres 16, maio
Con motivo do Día Internacional dos Museos a Fundación organiza unha xornada de portas abertas.
Do mércores 14 ao venres 16 de maio poderase visitar o museo de maneira gratuíta no horario habitual.
Concerto
Xoves 15, 19.00h
Intérpretes:
Laura Bianco, violín e Eduard V. Agulló, guitarra
Con pezas de:
Fabritio Caroso, Gasparo Zanetti, Diego Ortiz, Arcangelo Corelli, Niccolò Paganini, Federico Mompou, Gabriel Fernández Álvez, Jules Massenet, René Eespere.
Outro modo de ver un museo. Visita comentada
Xoves 15, 18.00h a 19.30h
Prazas limitadas -8 persoas- entrada gratuita
Inscribirse en restauracion@fundacion-granell.org
Recorrido por las zonas públicas y privadas del museo en compañía de nuestra conservadora-restauradora que Percorrido polas zonas públicas e privadas do museo na compaña da nosa conservadora-restauradora que falará do contido e os espazos dende o seu mirar como técnico, cun discurso accesible ao público non especializado contándonos os distintos traballos que realiza o equipo do museo, para a preservación e difusión do patrimonio cultural que alberga, tanto nos seus fondos, como nas exposicións temporais que acolle a fundación..
Exposición-presentación xornalística
Martes 13 a venres 16
Revista de deseño da FACOM-USC.
A partir da publicación realizada no obradoiro de deseño e medios Xornalísticos da Facultad de Ciencias da Comunicación da USC, amosamos os proxectos finais baixo a dirección de Uqui Permuy. A mostra amosa as diferentes apostas do alumnado nunha intervención que consta, por unha banda, dunha banda visual, amosando o resultado gráfico, e por outra, narrativa, dende a lectura para abrir o debate dos contidos desenvolvidos na publicación.