Home » Actividades » A MIÑA PEZA FAVORITA

A MIÑA PEZA FAVORITA

Imaxe: A miña peza favorita


Martes 6 maio, 19.00h

A Miña Peza Favorita iniciouse no ano 1997 e consiste en seleccionar unha peza, entre todas as que forman parte das coleccións da Fundación Eugenio Granell, para que o invitado elabore un comentario persoal cunha nova visión desde unha perspectiva actual.
Esta actividade está aberta a calquera persoa interesada tanto na Fundación como na arte ou na figura de Eugenio Granell, contando tamén coa participación de persoas relacionadas con diversos ámbitos como a arte, a educación ou a comunicación

Jorge Linheira
Responsable de mediación cultural do Auditorio de Galicia e vicepresidente da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC). Foi xefe do Servizo de Infraestruturas Culturais do Concello de Pontevedra, técnico do Centro de Interpretación do Patrimonio da Aula da Ría do Concello de Paderne [paraíso entre ríos], e traballador autónomo do precario ecosistema cultural de Galicia. Licenciado en Ciencias Políticas e da Administración pola USC, cun mestrado en Recursos Humanos pola USC e outro en Xestión Cultural pola Universidade de Valencia.