Home » Exposicións » GREGG SIMPSON. HOMENAXE AOS NABIS: THE PONT-AVEN SUITE

GREGG SIMPSON. HOMENAXE AOS NABIS: THE PONT-AVEN SUITE

Imaxe: Homenaxe aos Nabis


30 abril – 22 xuño
Salas 4 e 5. Primeiro andar.

Gregg Simpson é ben coñecido pola Fundación Eugenio Granell. En 2013, a Fundación presentou unha retrospectiva individual da súa obra, The Atlantean Years, 1970-1975, en 2008 a Fundación aceptou a obra de Simpson na súa colección permanente, e en 2005 Simpson participou na exposición colectiva: Costa Oeste Surrealista: Unha perspectiva canadense.

Gregg Simpson e o comisario independente Allan Graubard, que colaboraron en dous libros, Sirenes e Western Terrace, presentan unha exposición da preocupación de Simpson pola Escola de Pont-Aven de artistas como unha reimaxinación surrealista dese grupo.

Comezan co regreso de Simpson á imaxinería arcana e os símbolos herméticos establecidos na serie Dream Gardens de 2018-2019, recentemente exposta en París, Copenhague, Roma, Turín e Padua.

Igual que Gregg Simpson, moitos do grupo de Pont-Aven interesáronse pola teosofía e afondaron no ocultismo e nas relixións orientais, o que levou á formación dos Nabis (ou Profetas), cuios intereses polo simbolismo precederon a algúns aspectos do surrealismo.

A exposición inclúe alusións á “coiffe”, o icónico tocado das mulleres tradicionais bretonas, cuios orixes remóntanse aos druídas celtas. Os lenzos son alegorías metafísicas definidas con precisión, incluídas obras nas que aparecen formas ataviadas en peregrinación, como no cadro de Simpson El camino de Pont-Aven.

As obras sobre papel están realizadas en gouache e pastel e son de creación máis espontánea nun principio, pero complétanse con certa precisión.

Nas vitrinas expóñense Los módulos bretones, pequenas obras sobre papel que o artista creou mentres viaxaba por Italia, e Los talismanes de paisaxe realizados plein-air mentres recorría Pont-Aven.

As anteriores exposicións de Simpson na Fundación Eugenio Granell, e a aceptación da súa obra na colección permanente da Fundación, preparárono para futuros éxitos, como a súa participación na gran exposición e libro Surrealismo sen fronteiras, celebrada no Museo Metropolitano de Arte de Nova York e na Tate Modern de Londres.

As obras de Simpson tamén incluíronse en varios estudios importantes sobre o surrealismo de posguerra, que o identifican como un dos principais expoñentes das novas perspectivas surrealistas, entre eles:

  • Aspects du Surréalisme International Aujourd’hui, Patrick Lepetit, Vocatif 34, Nice, France, 2020
  • International Encyclopedia of Surrealism, Michael Richardson, Bloomsbury Academic, London, UK, 2019
  • Caleidoscopio Surrealista, Una Vision del Surrrealismo Internacional 1916-2015,Miguel Perez Corrales, La Pagina, Miradas, Tenerife, 2015
  • Il Surrealism. Leri oggi, Arturo Schwarz, Skira, Milan, Italy, 2014
  • Open Letter: Surrealism in Canada, Gregory Betts, Brock University Press, Ontario, Canada, 2013
  • L’Univers Surréaliste, José Pierre, Editions Somogy, Paris, 1983

FOLLETO