Home » Actividades » ENCONTROS AMERICANOS NA GRANELL

ENCONTROS AMERICANOS NA GRANELL

Imaxe: Encontros americanos

Conferencia: Surinam e o legado holandés
Impartida por: Dirk Kruijt, University of Utrecht
Mércores 23 de abril, 19.00h

Surinam representa a herdanza da colonización holandesa nas Antillas, nun continente marcado polas colonizacións española e portuguesa dominantes. A diferencia da sanguenta independencia de Indonesia, Holanda quixo facer do seu antigo territorio antillano un modelo de descolonización. O proceso estivo marcado polo seu carácter neocolonial, o papel de sectores militares autocráticos e represores, e un tardío proceso de “reconstrución” caracterizado por dilapidar recursos e pola corrupción. A presentación abordará todo isto a través dun percorrido pola evolución histórica do país nas últimas décadas.

Dirk Kruijt é profesor emérito de Estudios do Desenvolvemento na Facultade de Ciencias Sociais e do Comportamento da Universidade de Utrech. Publicou sobre a desigualdade e a exclusión social en América Latina; empresarios en México e en Perú; gobernos militares; levantamento e contralevantamento; negociacións de paz e reconstrución despois da guerra; e violencia urbana e os actores non estatais. Entre a súa amplísima produción académica, cabe citar Cuba and Revolutionary Latin America (Londres: ZedBooks, 2017), o The Latin American Military and Politics in the 21st Century: A Cross-National Analysis (coord. con Kees Koonings, Nueva York: Routledge, 2022).