Home » Actividades » SOMBRA DOBRE. Concerto

SOMBRA DOBRE. Concerto

Imaxe: Sombra dobre. Concerto

Martes 22 de abril, 19.00h

En 2025, o compositor e director de orquestra Pierre Boulez (nado o 26 de marzo de 1925) cumpriría 100 anos. “Dialogue de l’ombre double” foi escrito por Pierre Boulez, entre 1984 e 1985, en homenaxe ao sesenta aniversario do compositor italiano Luciano Berio.

A partires dunha escena da obra Le soulier de satin (O zapato de raso) de Paul Claudel, propón o diálogo entre o instrumentista (clarinete na versión orixinal) en directo e a súa sombra sonora. Deste xeito, a ‘sombra sonora’ do músico en directo é creada a través da reelaboración de fragmentos musicais previamente gravados polo mesmo instrumentista, un sistema de difusión sonora que rodea ao público, e reverberación.

Esteban Cabana presenta unha nova versión para saxofón alto e gravacións de audio e vídeo do Dialogue de l’ombre double 

PIERRE JODLOWSKI (Francia, 1971) Mixtion (2002) saxofón tenor e electrónica
PIERRE BOULEZ (Francia, 1925-2016) Dialogue de l’ombre double (1985) versión para saxofón alto, audio espacializado e vídeo*
GERMÁN ALONSO (España, 1984) O Gran Cabrón (2012) saxofón barítono e electrónica en vivo

IXOR Aula de saxofón do CMUS Superior da Coruña
Pablo Peláez, Esteban Cabana, Pablo Rodríguez_saxofóns

*Gravación e edición de audio: Pablo Peláez
Gravación e edición de vídeo: EASD Pablo Picasso