Home » Actividades » VISITAS AO PATRIMONIO ARTÍSTICO E BIBLIOGRÁFICO

VISITAS AO PATRIMONIO ARTÍSTICO E BIBLIOGRÁFICO

Imaxe: Visitas ao Patrimonio

Visitas guiadas coa finalidade de dar a coñecer as bibliotecas e as coleccións que alberga a institución

O longo deste 2025, conmemorando o 30 aniversario dos inicios da Fundación Eugenio Granell e do seu museo, realizaremos unha serie de visitas guiadas da man do persoal das áreas de biblioteca e conservación do museo, para dar a coñecer o rico patrimonio museográfico e bibliográfico da institución, custodiado no Pazo de Bendaña.

Visitaremos á biblioteca da Fundación que comprende tres bibliotecas: a Biblioteca do Museo, a Biblioteca do artista británico Philip West e a Biblioteca e o arquivo persoal de Eugenio Granell, así como os almacéns de arte que albergan as catro coleccións permanentes dos fondos artísticos do museo: Colección Eugenio Granell, Colección Amparo Segarra, Colección Surrealista e Colección Étnica.

Un patrimonio legado a Santiago de Compostela pola familia Granell nas distintas etapas do museo, dende a súa creación no ano 1995.

Consultar datas e dispoñibilidade nos emails:
biblioteca@fundacion-granell.org / e restauracion@fundacion-granell.org