
Inauguración exposición: Xoves, 27 febreiro, 18.30h
27 febreiro – 8 marzo
Sala Lucernario
Colaboración: Asociación KYODO
Exposición dunha colección exclusiva de bonecas Ohinasama e varios quimonos de nenas da festa tradicional xaponesa coñecida co nome Hinamatsuri. É unha tradición moi arraigada na cultura do Xapón na que se levan a cabo unha serie de rituais familiares para desexar saúde e boa sorte ás nenas da casa.
As bonecas representan personaxes da corte imperial da Era Heian e foron transmitidas de xeración a xeración dentro das familias.
A Asociación KYODO ten como fins: promover o entendemento mutuo e as relacións de amizade entre as sociedades xaponesa e española, tomando como eixo central a irmandade do Camiño de Santiago co de Shikoku Henro. Difundir a cultura xaponesa en Galicia e a cultura galega en Xapón, por medio de programas e actividades que recollan e respecten, con rigor, a esencia e o espírito de Xapón e Galicia.


