Home » Actividades » ENCONTROS AMERICANOS NA GRANELL

ENCONTROS AMERICANOS NA GRANELL

Imaxe: Encontros americanos

Conferencia: Ciencia e crise en América Latina
Impartida por: José Edelstein
Martes 25 de febreiro, 19.30h

O antagonismo entre o coñecemento científico e o “instinto natural” foi a baza coa que xogaron a maior parte dos gobernos de ultradereita que chegaron á escena americana nas últimas décadas, tendo en Trump, Bolsonaro o Milei os seus principais expoñentes. Desde esta óptica, a ciencia convértese nun factor regresivo e a intelectualidade científica, para o caso arxentino, cae no saco das “castas políticas” que Milei responsabiliza da “desfeita” moral e económica, chegando a sentenciar que “o cambio climático é unha mentira do socialismo e do marxismo cultural”.

José Edelstein (Bos Aires, 1968), é profesor de física teórica na Universidade de Santiago de Compostela (USC) e investigador do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías. Autor de máis de 75 artigos científicos e, entre outros, de Einstein para perplejos (xunto a Andrés Gomberoff, Premio Prismas 2019), o seu traballo foi premiado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía en 2012 e “pola súa contribución ao fortalecemento do sistema arxentino de ciencia, tecnoloxía e innovación” recibiu o Premio Raíces (2018).  En 2021 creou, xunto a Javier Santaolalla e Jorge Pérez Melián, a plataforma de contido científico Amautas, que recibiu o Premio Prismas 2023.

PROGRAMA