Entrega de premios: Xoves 19 decembro, ás 18.00h
A finalidade deste Certame, que se ven realizando desde o ano 2004, é impulsar a creación plástica entre os escolares, polo que, ademáis dos premios que concede o xurado, a Fundación Eugenio Granell organiza unha exposición coas obras presentadas ao concurso, que este ano tivo lugar entre o 19 de decembro de 2024 ao 12 de xaneiro de 2025.
Os premios serán entregados nun acto que terá lugar o xoves 19 de decembro, ás 18.00h.
Poden participar neste Certame tódolos escolares residentes en Galicia de idades comprendidas entre 3 e 5 anos e, entre 6 e 12 anos. O xurado, outorgará os seguintes premios por especialidade.
. Pintura . Colaxe . Escultura (construción)
Este XX Certame de Arte Escolar Eugenio Granell, titulado “Granell en Compostela” ten como eixe principal a exposición: “Catrocentos metros entre Granell e Maside” que se pode visitar nas salas 2 e 3 da segunda planta do Museo.