Home » Actividades » ENCONTROS AMERICANOS NA GRANELL

ENCONTROS AMERICANOS NA GRANELL

imaxe: encontros americanos

Conferencia: Chile entre o estalido social e os 50 anos do golpe
Impartida por: Francisco Javier Morales Aguilera
Mércores 20 de novembro, 19.00h

Chile entre o estalido social e os 50 anos do golpe

Os feitos ocorridos en Chile no marco do denominado estalido social de 2019 aínda forman parte da discusión pública do país. As súas consecuencias materiais e políticas non foron totalmente superadas, sobre todo, en relación ás demandas que dito evento puxo sobre a mesa e que, no fundamental, non alcanzou aínda un amplo consenso dentro da sociedade. Os dous procesos constituíntes falidos (2022 e 2023) son unha mostra significativa do anterior. No medio destas conxunturas produciuse a conmemoración dos 50 anos do golpe militar de 1973. A data encontrou a un país máis dividido e polarizado, onde os discursos que relativizaban as violacións dos dereitos humanos e enaltecían a figura de Pinochet tiveron unha presencia significativa no espacio público.

Francisco Javier Morales Aguilera licenciouse en Historia pola Universidade de Valparaíso (2009) e doutorouse na Universidade Autónoma de Madrid (UAM, 2022) cunha tese sobre a violencia política durante osa nos da Unidade Popular. Actualmente é investigador da UAM (programa Margarita Salas) e desenvolver o seu proxecto posdoutoral sobre conflito e sociedade en Chile como investigador visitante no grupo HistAmérica da Universidade de Santiago de Compostela. Os seus últimos traballos son Miradas Hispano portuguesas sobre la vía chilena al socialismo (2024) e Historia de la violencia política durante la Unidad Popular. Actores, coyunturas, discursos, 1970-1973 (2023).

PROGRAMA