Home » Actividades » ENCONTROS AMERICANOS NA GRANELL

ENCONTROS AMERICANOS NA GRANELL

Imaxe: Encontros americanos

Conferencia: Desprazamento forzado. O éxodo das caravanas migrantes na Centroamérica actual
Impartida por: Eduardo Flores Arróliga
Mércores 30 de outubro, 19.00h

Outubro de 2018 marca un detonante no comportamento do desprazamento forzado na rexión centroamericana. Miles de persoas organizáronse e partiron dende San Pedro Sula (Honduras)para cruzar México coa intención de chegar a Estados Unidos de América. O fenómeno a gran escala deste fluxo social e que aínda continúa, resulta dunha multicausalidade: a violencia estrutural polo crime organizado, os estados de excepción, feminicidios, ausencia de oportunidades laborais, economías excluíntes e desastres naturais que viven os pobos centroamericanos. A conferencia expón como as causas deste paradigma de mobilidade humana cuestiona o concepto tradicional de migración para entender a complexidade de carácter bio e necropolítico. Ao mesmo tempo preséntanse as repercusións das políticas antimigrantes que negan estes actos de desfronteirización no éxodo do centro e sur ao norte de América.

Eduardo Flores Arróliga, Managua-Nicaragua. Doutor en Filosofía pola Universidad Michoacana de San Nicolás de Hidalgo, México. Foi profesor e investigador do Departamento de Ciencias Sociales da Universidad Centroamericana, Nicaragua. Fixo unha estancia doutoral na Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela. Seus temas e áreas de investigación abarcan a antropoloxía filosófica, os estudos culturais centroamericanos e o pensamento filosófico de Baruj Spinoza, Xavier Zubiri e María Zambrano. Publicou artigos en revistas académicas e é autor do libro de ensaios narrativos Tiembla todo lo vivo (anamá ediciones, 2023).

PROGRAMA