Home » Actividades » A MIÑA PEZA FAVORITA

A MIÑA PEZA FAVORITA

Imaxe: A miña peza favorita


Martes 1 outubro, 19.00h

A Miña Peza Favorita iniciouse no ano 1997 e consiste en seleccionar unha peza, entre todas as que forman parte das coleccións da Fundación Eugenio Granell, para que o invitado elabore un comentario persoal cunha nova visión desde unha perspectiva actual.
Esta actividade está aberta a calquera persoa interesada tanto na Fundación como na arte ou na figura de Eugenio Granell, contando tamén coa participación de persoas relacionadas con diversos ámbitos como a arte, a educación ou a comunicación.

Nuria Vilán Prado (Nuria Vil)
Formouse no Grao en Estudos de Galego e Español da UVigo e no Mestrado en Estudos da Literatura e da Cultura da USC. Especializouse en corrección editorial e os seus intereses académicos seguen o ronsel da literatura comparada entre artes. Traballa como correctora editorial e imparte obradoiros arredor da creación literaria e a palabra falada. O seu traballo artístico, eminentemente oral, busca levar a poesía máis alá da escrita.