Home » Actividades » ENCONTROS AMERICANOS NA GRANELL

ENCONTROS AMERICANOS NA GRANELL

Imaxe: Encontros americanos

Conferencia: Javier Milei e a emerxencia da dereita radical en Arxentina
Ponente: Daniela Slipak, CONICET-Universidad Nacional de San Martín-Universidad de Buenos Aires
Mércores 18 de setembro, 19.00h

Resume: Sen estrutura partidaria nin redes territoriais, Javier Milei, líder de La Libertad Avanza, triunfou nas eleccións presidenciais arxentinas de novembro de 2024. A pesares do avance das novas dereitas a nivel global, a súa vitoria sorprendeu a políticos, analistas, periodistas, intelectuais e académicos locais. ¿Como comprender a aparición da dereita radical no país? ¿Cales son as súas características políticas e culturais? A conferencia recorre as condicións históricas que fixeron posible a chegada de Milei ao Poder Executivo. Á vez, interroga as súas diferencias e similitudes con outras dereitas do mundo, os seus vínculos co resto das forzas partidarias, a súa proposta cultural, a súa concepción do estado e da política, e a adhesión que concita o seu liderado. Con todo isto, búscase explorar as mutacións políticas que implica o fenómeno, e a súa novidade en relación á cultura democrática que rexe en Arxentina desde 1983.

Daniela Slipak. Doutora en Estudios Políticos pola École des Hautes Études en Sciences Sociales (Francia) e a Universidade de Bos Aires (Arxentina). É Investigadora do Conicet, e Profesora de grao e de posgrao na Escola IDAES da Universidade Nacional de San Martín e na Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Bos Aires. Ademais, é Coordinadora do Centro de Estudios Sociopolíticos da Escola IDAES. Os seus temas e áreas de investigación abarcan a nova esquerda latinoamericana, a violencia política, a historia recente e a teoría política. Publicou artigos en revistas académicas, e é autora de Las revistas montoneras e de Discutir Montoneros desde adentro (ambos libros editados por Siglo XXI).

PROGRAMA