Home » Actividades » CARME LÓPEZ PRESENTA QUINTELA. (INTERVENCIÓN MUSICAL)

CARME LÓPEZ PRESENTA QUINTELA. (INTERVENCIÓN MUSICAL)

Xoves 25 de abril, 19.00h

Carme López (O Incio, 1992) é intérprete, docente e investigadora do campo da música de tradición oral galega; Doutora por la UDC cunha tese sobre o canto tradicional feminino en Galicia, profesora da USC (Área de Expresión Musical – CC.EE) e da E-trad de Vigo (Canto popular).

‘Quintela’ é o disco debut de Carme López e o primeiro traballo de música experimental para gaita galega, influenciado por compositoras como Éliane Radigue, Pauline Oliveros ou Kali Malone. Neste álbum a gaita móvese por un campo totalmente descoñecido, desvencellada do seu nexo coa música tradicional para descontextualizala e crear así un enfoque persoal marcado pola perspectiva de xénero (abandonando a asociación de prestixio entre o instrumento e o xénero masculino). O arco narrativo parte da casa familiar de Carme López, a casa Quintela, e das vivencias e relacións persoais que teñen xurdido nela.
Para a elaboración do directo que suporá a presentación deste álbum confórmase un espectáculo baseado nas ideas musicais e conceptos sonoros fundamentais do disco, tomando a improvisación e a aleatoriedade como ideas compositivas, e creando ambientes sonoros de lenta modulación, estirando as posibilidades sonoras da gaita ata o seu límite absoluto.