
Yolanda Porto
Martes 9 abril, 19.00h
A Miña Peza Favorita iniciouse no ano 1997 e consiste en seleccionar unha peza, entre todas as que forman parte das coleccións da Fundación Eugenio Granell, para que o invitado elabore un comentario persoal cunha nova visión desde unha perspectiva actual.
Esta actividade está aberta a calquera persoa interesada tanto na Fundación como na arte ou na figura de Eugenio Granell, contando tamén coa participación de persoas relacionadas con diversos ámbitos como a arte, a educación ou a comunicación.
Yolanda Porto
Licenciada en Xeografía e Historia, na especialidade de Arte Antiga e Medieval (USC), conservadora restauradora con especialidade en arqueoloxía e perito taxadora de antigüidades. Inicia a súa carreira profesional como conservadora-restauradora no Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit, CSC) na xestión de pezas procedentes de actuacións arqueolóxicas e nas intervencións de posta en valor de xacementos arqueolóxicos. Durante un tempo, entre 2013 e 2015 traballa en diferentes museos de Galicia como técnica restauradora de laboratorio. Dende 2015 inicia un camiño como profesional autónoma creando FRAXIL, co obxectivo principal de ofrecer solucións de conservación, restauración, peritaxe e taxación dos elementos que forman parte do Patrimonio histórico-artístico. Participou en múltiples proxectos nos últimos anos.