Impartido por: Mª Fernanda Núñez Uzcátegui. Licenciada en Comunicación Audiovisual. Docente de formación para adultos. Especializada en Orientación laboral e comunicación. Busca activa de emprego e RRSS.
- Datas: Iniciarase o taller e confirmaranse os días cando se forme grupo.
- Horario: 17:30 a 19:30h.
- Número de alumnos: 15 alumnos.
- Custo: Dous meses de duración (tres sesións por mes). Custo total: 100€
O obxectivo deste curso é brindar ás persoas asistentes información de valor e recursos útiles para aplicar a técnica do storytelling. Coñecer cada un dos elementos que integran unha historia e o seu modo de ser contada e identificar a utilidade do storytelling na literatura, na linguaxe cinematográfica e outros usos a nivel comunicativo. O alumnado poderá aplicar o storytelling dentro do seu ámbito profesional, na súa estratexia comunicativa, nunha idea de negocio ou calquera outro uso creativo, sempre mediante o goce propio de xogar a construír historias.