Home » Actividades » A MIÑA PEZA FAVORITA

A MIÑA PEZA FAVORITA

Imagen: Mi pieza favorita

Antón Caamaño
Martes 19 marzo, 20.00h

A Miña Peza Favorita iniciouse no ano 1997 e consiste en seleccionar unha peza, entre todas as que forman parte das coleccións da Fundación Eugenio Granell, para que o invitado elabore un comentario persoal cunha nova visión desde unha perspectiva actual.
Esta actividade está aberta a calquera persoa interesada tanto na Fundación como na arte ou na figura de Eugenio Granell, contando tamén coa participación de persoas relacionadas con diversos ámbitos como a arte, a educación ou a comunicación.

Antón Caamaño. Graduado en Belas Artes pola universidade de Vigo, Máster Universitario en Educación Secundaria Obrigatoria, Formación Profesional e Ensino de Idiomas na Especialidade de Arte e Debuxo pola Universidade de Vigo, realizou cursos nunha amplia variedade de técnicas artísticas e participación en varios talleres de artista.
Participou nas exposicións colectivas; Mmmmmh! 8 praceres visuais, Sala X, Pontevedra; I.M.A.N Comtemporary art, Braga; XXXI Bienal de Pontevedra, Todos Somos Negros, Pontevedra; 15 Proxectos de espacio para un espacio, Pazo Torrado, Cambados, Pontevedra; Moi d´après moi, Galería TRINTA, Santiago de Compostela.
A súa obra xoga entre os límites do que a arte lexitima coma arte. Fala da beleza do obsceno, dos desexos prohibidos, da capacidade da abstracción de xerar espazos de liberdade e do renacemento implícito nos diferentes tránsitos.