Home » Actividades » ENCONTROS AMERICANOS NA GRANELL

ENCONTROS AMERICANOS NA GRANELL

Imaxe: encontros americanos

Conferencia: “Memoria, ditadura e educación: os textos escolares para a ensinanza da historia arxentina”
Impartida por: Yemina Chiafala (Universidade Nacional de San Juan)
Mércores 20 de marzo, 19.00h

O interese das sociedades iberoamericanas en lembrar o seu pasado máis recente creceu considerablemente nas derradeiras décadas, polo que é posible rexistrar diversas narracións que circulan e dispútanse espacios de lexitimidade, nun presente que demanda explicacións, especialmente cando trátase de eventos traumáticos. En Arxentina particularmente, os sucesivos períodos ditatoriais, a represión estatal e os conflitos políticos, sociais e económicos do século XX, provocaron a comezos da década de 2000 unha “explosión da memoria”, que interpelou á Historia como ciencia e como disciplina escolar.
Será posible rexistrar transformacións relevantes nos textos escolares para a ensinanza da historia recente, a partir desas loitas polo pasado? Como podemos comprendelos no seu contexto de produción? Sendo formas moi diferentes de abordar o pasado, podemos recorrer por igual a memoria e a historia nesta explicación? E, finalmente, pode ser o exercicio do dereito a unha memoria democrática e plural, un recurso de transformación do presente e a apertura de novas loitas e necesarias resistencias?

Yemina Chiafala. Mestrado en Historia pola Universidade Nacional de San Juan, docente e investigadora na mesma institución. Capacitou docentes de diversos niveis e participou en reunións científicas, actualmente dita cursos de posgrao e dirixe bolseiros de investigación. As súas publicacións abordan a vinculación entre memoria, historia e historiografía, en particular a súa coa ensinanza da historia como disciplina escolar.

PROGRAMA