Impartida por Dolores Villaverde Solar
Mércores 28 Febreiro, 19.00h
Desde o ano 2011, que se incorporaron á nosa Fundación a Biblioteca e o Arquivo persoal de Eugenio Granell, foron moitos os investigadores que se achegaron ao seu legado para a realización dos estudos sobre o artista.
A Biblioteca da Fundación traballa pola difusión social da obra e figura de Granell, pretendendo animar a potenciais investigadores a achegarse a este polifacético artista a través dos nosos fondos.
A biblioteca está aberta a que as persoas investigadoras expoñan nela o resultado das súas investigacións. Con este obxectivo naceu a actividade “Charlas na biblioteca” que este ano iníciase o vindeiro mércores, 28 de febreiro, ás 19.00h coa conferencia Philip West: el surrealismo y el símbolo impartida por Dolores Villaverde Solar. Doutora en Arte pola USC. Profesora na Universidade da Coruña.
Con este título, nos achegaremos ao artista británico Philip West (York, Reino Unido, 1949 – Zaragoza 1997) a través dunha selección de obras do autor datadas nos anos 80 do século pasado, época na que West se instala en España e inicia a súa amizade con Eugenio Fernández Granell. Froito desa amizade, Philip West en 1997, cede en usufructo á Fundación Eugenio Granell gran parte da súa obra plástica e dona a súa biblioteca surrealista que consta de 753 documentos. Granell di, respecto a esta doazón, “nunca poderei chegar a agradecerlle tan amistosa xenerosidade”. Hoxe en día a biblioteca de Philip West imprime aos nosos fondos gran parte da súa singularidade.