“Xoga con Granell”
Entrega de premios: Xoves 21 decembro, ás 18.00h
Patrocina TÓRCULO
21 Decembro 2023 – 14 Xaneiro 2024
A finalidade deste Certame, que se ven realizando desde o ano 2004, é impulsar a creación plástica entre os escolares, polo que, ademáis dos premios que concede o xurado, a Fundación Eugenio Granell organiza unha exposición coas obras presentadas ao concurso, que este ano tivo lugar entre o 21 de decembro de 2023 ao 14 de xaneiro de 2024.
Este ano contamos coa colaboración de TÓRCULO que patrocinou os premios que foron entregados nun acto que tivo lugar o xoves 21 de decembro, ás 18.00h.
Poden participar neste Certame tódolos escolares residentes en Galicia de idades comprendidas entre 3 e 5 anos e, entre 6 e 12 anos. O xurado, outorgará os 7 seguintes premios por especialidade.
. Debuxo . Pintura . Colaxe . Escultura (construción) . Fotografía . Un único premio especial para os nenos entre 3 e 5 anos . Premio do público.
Este XIX Certame de Arte Escolar Eugenio Granell, titulado “Xoga con Granell” ten como eixe principal a exposición: “A escena do xogo. Eugenio Granell” que se pode visitar nas salas 2 e 3 da segunda planta do Museo.