Día internacional do Patrimonio
Conservación (en verde)
16 novembro – 16 decembro
Escaleiras acceso segundo andar
A área de conservación-restauración do museo está a realizar nos últimos anos, dentro da celebración do Día Internacional do Patrimonio, unha serie de exposicións de carácter divulgativo: Instinto de Conservación (2016); Luz versus “Conservación” (2017); Km de Conservación (2019), co obxectivo de facer máis accesible conceptos e accións relacionadas co patrimonio e a súa protección.
Na edición deste ano, baixo o título Conservación (en verde), esta pequena mostra busca poñer sobre a mesa un dos temas de máis actualidade dos últimos tempos. A sostibilidade. E cal é o papel dos museos, concretamente da conservación preventiva, en relación a ela. Mentres convida o espectador a realizar unha reflexión “iniciática”, baseándose nos fondos museográficos do museo, que faga visible e promova a aplicación de cambios viables.