Saltar ao contido
Home » Actividades » ENCONTROS AMERICANOS NA GRANELL

ENCONTROS AMERICANOS NA GRANELL

    Imaxe: Encontros na Granell

    Novo cine mexicano e comunidades indíxenas
    Horacio Alcalá, cineasta

    Proxección do filme Finlandia e conferencia-conversatorio co seu director
    26 de outubro de 2023, 18.00h

    Sinopsis de Finlandia: En Oaxaca existe unha comunidade que non ten medo a desafiar os conceptos de identidade e xénero chegando ao mais fondo das súas paixóns a través do contacto coa terra que coidan: As muxes. Non son nin homes nin mulleres. Son unha comunidade unida baixo a vibración da terra que senten atracción polas vibracións humanas sen importar o xénero e adoitan desenvolver tarefas tradicionalmente femininas como a cociña, a artesanía ou a costura. Confeccionan roupa tradicional zapoteca que visten. Este grupo chama a atención dunha importante marca de roupa que envía a unha deseñadora de moda a Oaxaca para comprar a man de obra das muxes.
    Con todo, nada é o que parece na terra das muxes. O tremor que acosa a Oaxaca desde fai anos terminará nun sismo real que fará que as muxes desafíen o seu destino e acaben curando a súa alma.

    Horacio Alcalá naceu en Guadalajara, México, en 1978. É director de cine e guionista licenciado en inter-Universidade Europea en Italia e Alemania. Comezou a súa carreira a través de proxectos independentes en Berlín, longametraxes en Francia así como curtametraxes e documentais en España. O seu traballo foi recoñecido en prestixiosos festivais internacionais de cine en Boston, Nova York, Tokio e Palm Springs. Na actualidade encontrase desenvolvendo proxectos para a Unión Europea a través dos programas CBC (Cooperación Transfronteriza) e o programa TESIM da Comisión Europea, ao mesmo tempo que dirixe curtametraxes documentais sobre cuestións de dereitos humanos para o ACNUR. Finlandia é o primeiro longametraxe de ficción do realizador.

    Os Encontros Americanos na Granell teñen como fin ofrecer un espazo aberto de diálogo, ideas, debate e reflexión arredor de América a través dun programa de conferencias mensuais que abordarán temas culturais, políticos, sociais, económicos ou de actualidade, de interese público e carácter divulgativo.
    Os Encontros teñen lugar na Fundación Eugenio Granell, organizados polo Grupo de Historia de América (HistAmérica) da USC, e cofinanciados pola Vicerreitoría de Estudantes e Cultura a través da súa convocatoria de axudas de dinamización cultural.
    Os seus participantes son especialistas procedentes do ámbito académico americano, español ou europeo, así como profesionais vencellados á realidade da rexión nas súas múltiples facetas.

    PROGRAMA